13/04/2010

TRUFAS DE TÉ MÁTCHA



Desde que as vimos no Blogue de Simone Izumi Chocolatria quedamos prendados delas , son destas cousas que ollas para elas e as comes literalmente cos ollos , teñen unha presentación de dez e supuñamos que o sabor sería moi delicado , non nos levamos unha decepción , sorprendeunos a facilidade da receita , non só ao leela se non tamén ao realizala ,a verdade é que sempre que lemos o seu blogue temos esa sensación de : " Isto é doado de facer " e a percepción debese sobre todo a boa explicación dos pasos que fai . É un blogue cento por cento recomendabel .




Para facelas precisaremos 100 ml de nata líquida , 10 grs de mátcha , 225 grs de chocolate branco e 40 grs de manteiga sen sal abrandada . Para a cobertura precisaremos 400 grs de chocolate branco e té Mátcha .

Derretemos o chocolate ao Baño María , na mentres misturamos ben a nata co té para que non queden grumos , cun batedor se é preciso , cando teñamos o chocolate no seu punto misturamos todo e engadimos a manteiga , só nos queda que arrefrie e endureza .

Cando a masa esteña firme imos dandolle forma as trufas , como se fosen boliñas , no momento en que as teñamos listas meterémolas 10 minutos no conxelador , imos derretendo o chocolate da cobertura .

Só nos queda bañalas e poñerlles un pouco de Mátcha por cima .

Decirvos que o sabor e sumamente delicioso , cun lixeiro regusto a algas , a mar , que combina a perfección coa dozura do chocolate con leite .