31/03/2010

CHOCOS CON CEBOLA

Unha maneira ben sinxeliña de preparar uns deliciosos chocos . Para nos é un prato estupendo coa textura deles , a melosidade da cebola e sobor de todo o saborazo que ten .

Precisaremos un par de chocos medianiños por persoa , media cebola por persoa , un pouco de fumet ou auga e aceite de oliva virxen extra .

Picamos a cebola moi miuda e poñémola a dourar nunha tixola cun pouco de aceite , a fogo baixo para que non se nos queime , queremos que se caramelice .

Cando xa a temos no seu ponto ben branda engadimos os chocos e misturamos ben o conxunto , no momento en que blanqueen engadimos o fumet , sen chegar a cubrilos , subimos o fogo e deixamos que reduza o líquido até formar un bó prebe .

Non hai nada máis que engadir , simplesmente bó proveito !!

ENSALADA DE TOMATE , QUEIXO ...

Unha pequeniña ensalada que é todo un luxo para os sentidos ; leituga , tomate e cebola e un conxunto moi rico pero xa o temos aburrido . Por iso probamos cousas distintas , para poñermos un sorriso ben grande .

Esta ensalada tampouco é que sexa unha combinación tan sorprendente pero conxugamos nun prato uns sabores moi contrastados .

Por un lado botamos man duns tomatiños cherry , tamén collimos unha lata de atún de La Pureza , encántanos esa conservera e como a temos pretiño da casa aproveitamos ; un pouquiño de queixo de cabra fresco , aceite de oliva virxen extra con albahaca de Extremecalidad e vinagre de Módena .

Como vedes os ingredentes son pouquiños e variados pero fan unha combinación boísima todos xuntos .

Esperamos que vos goste .

30/03/2010

BISCOITO CON CHOCOLATE DE TELVA


A vida as veces , non sempre , e quizais isto é o máis precioso deses momentos , presentanos a opurtunidade de coñecer a persoas encantadoras coas que charlar de calquera tema , cos que a conversa flue facilmente e as risas compenetradas xurden a cada momento .

Un destes momentos sucedeu o mes pasado cando Anil , o do Restaurante Da India de A coruña , convidounos a comer alí , non estabamos sós no convite se non que había máis amigos de Anil , foi unha boa comida onde na sobremesa entre os xogos dos nenos os maiores fomos tomando confianza , e esa confianza derivou nunha charla moi amena na sobre todo se falou de comida e de receitas .

Así Telva tivo a xentileza de escribirnos esta rica receita de biscoito de iogurte con chocolate , a nosa promesa foi facelo e publicar a receita agradecendolle o detalle .

Pois eiquí a tedes , unha receita ben boa .

Precisaremos 2 ovos , 1 iogurte natural , tomando o vaso do iogurte como medida usaremos 2 medidas de zucre , 3 medidas de fariña , unha medida de aceite e unha tableta de chocolate fondant .

Misturamos todos os ingredentes excepto o chocolate que o poñemos a fundir ao Baño María , botamos a masa nun molde e o chocolate fundido nunha manga pasteleira . Facemos fíos de chocolate por riba da masa e coa axuda dunha espátula collemos masa dos laterais e a botamos por encima dos fíos , repetimos a operación dos fíos e da masa até rematar co chocolate , para que nos quede a capas .

Poñemos a quentar o forno ao tope e cando introducimos o molde baixamos a temperatura a 180º , forneamos durante 30 minutos .

PEMENTOS CONFITADOS


Esta é unha receita sinxela onde as haxa ademáis de resultona , os pementos así quedan moi ricos e a textura carnosa é unha delicia , esperamos que se os probades vos gosten tanto como a nos .

Precisaremos pementos vermellos morrón , os normais que atopamos todo ano no super , se temos a sorte de contar con pementos do piquillo fresco mellor que mellor , zucre e aceite de oliva virxen extra .

Prequentamos o forno ao máximo .

Primeiramente lavamos a fondo os pementos e lles damos unha capa de aceite , coas mans mesmamente , que queden todos cubertos , poñemolos nunha fonte apta para o forno , introducímolos nel e baixamos a temperatura a 200º .

Cando vexamos que a pel comeza a queimarse dámoslles a volta pechamos o forno e o apagamos , deixámolos dentro até que o forno esté totalmente frío .

Hai outro método que os saca do forno cando están feitos e ponlles un pano por encima para que se pelen mellor .

Calquera dos dous métodos é bó para o pelado posterior .

Xa fríos pelamos e despepitamos os pementos , o xugo que soltaron durante o asado e namentres os pelamos non o tiramos senón que o recollemos nun recipiente e reservamos.

Cortamos os pementos en tiras ao nos gosto , e introducímolas nunha tixola , engadimos o xugo que reservamos , e botamos aceite até cubrir .

Agora só hai que cocelos a fogo moi baixo , que non chegue a ferver e engadirlles zucre , nos recomendamos ir engadíndoa aos poucos , para non pasarnos có sabor doce .

Bó proveito

27/03/2010

LARANXAS RICAS E UN PASTELÓN ESTUPENDO


Esqueciamonos disto , xa nos chegaron as laranxas , as que gañamos no Concurso de receitas polo aniversario do blogue A mí lo que me gusta es cocinar , ben gañamos un vale desconto para mercalas , pero para nos como se nos tocara a caixa enteira .

Como estes días non fixemos ningunha entrada se nos esquecía comentalo , e aquí están :




Teñen unha pinta maravillosa , non sí ? Pois non vexades como saben , a lastima é que xa case que non quedan , somos catro a facer o zume ao día e voan .

Pero o primeiro día fixemos este pastelón recheo de crema de laranxa , mango e piña naturais .



Desculpade que non haxa fotos do corte pero cando nos quixemos dar conta xa o paparamos , é espectacular , o sabor da laranxa conxugado coa textura do mango e o ananas .

Realmente estupendo .


SPAGUETTIS CO QUE HABÍA


Cantas veces vos ten pasado que abrides a despensa e pensades que imos facer hoxe para comer ? Non precisades ir ao mercado xa que o pan está recén feito na cociña , tedes un pouco de leituga de onte coa que facer unha xeitosa ensalada , así que neste caso que nos deparará a despensa ou a neveira .

Buceando un pouco atopamos un envase de Gulas no conxelador , quedában uns restos de bacon , cogumelos sempre temos por casa xunto coas cebolas e os allos... Xa tiñamos a comida preparadas .

Para preparar estes spaguettis apañados precisaremos pasta , gulas , bacon , uns cogumelos , 1 cebola , 2 dentes de allos e aceite de oliva virxen extra .

Poñemos a cocer a pasta nunha pota de amplia con auga fervendo , para nos o truco para que non se nos pegue a pasta e remover ben cando está comezando a cocer , sen chorriño de aceite nen nada , se temos vitrocerámica podemos apagar o lume no momento en que comeze a ferver a auga de novo , a calor residual da cociña fara que se nos fagan perfectamente .

Preparamos os cogomelos ao noso gosto , neste caso en rodeliñas pequenas para que se cociñaran ao mesmo tempo que o bacon , picamos a cebola e os allos .

Primeiramente sofritimos a cebola e mailos allos nunha tixola ampla , cando os teñamos listos reservámolos a parte , no mesmo aceite salteamos o bacon e os cogumelos até que collan colorciño e esteñan triscantes , xuntamos co sofrito anterior .

Por último facemos as gulas seguindo as instruccións do envase e misturamos todo coa pasta

Bon apetit .


Por terceiro ano consecutivo o Vento da Poesía Salvaxe chega a Ferrol , novos poetas e " vellos " coñecidos nos amosaran o seu traballo polas ruas desta cidade o próximo abril , aquí iredes atopando información sobre a mesma , é un percorrido polos tres anos de Poesía que inunda Ferrol , información tanto da Semán Grande como dos ciclos monográficos que se celebran ao longo de todo o ano .

Esperamos que vos animedes e que teñades un tempiño para pasarvos por Ferrol a disfrutar destas palabras lanzadas ao vento .

26/03/2010

POLO RECHEO

Góstanos moito facer o polo así , xa que é un prato que da bastante xogo , pode tomarse quente ou frío , podes telo preparado con antelación e filetear para consumir a medida que o precises , aguanta moi ben o conxelado e é unha boa elección cando tes convidados .

Se tedes un carniceiro de confianza con que lle pidades o día anterior que queredes o polo preparado para rechear , é dicer , sen o oso , non terá ningún problema , se non é moi doado de facer na casa , o primeiro día tardaredes un pouco máis pero para o seguinte xa teredes dominada a técnica , neste enlace veredes moi ben como se fai , se vos fixades no contador veredes que , quitando o que fala , tardará un 5 minutos en facelo , e sen práctica non chegaredes aos 10 . Como vedes tampouco é tan complicado .


Nos decidimos facelo na casa desde que un día a carniceira toleu e nos mandou o polo aberto en canle , cos oso dos muslos e das ás ( no vídeo non llas saca pero é igual de doado que os muslos ) , co subseguinte traballo de rematar de poñelo en forma e do posterior cosido , que non había quen manexara ben o recheo .
Desde aquela o dito " vale máis facelo que mandalo " é o noso lema .


Entón xa co polo preparadiño , duns 2 kilos de peso , precisaremos para o recheo 1 kilo de carne picada , 3 ovos , 100 grs de pan raiado , meio pemento verde , meio pemento vermello , unha cenoura , 100 grs de pistachos , sal , pementa moída e aceite de oliva virxen extra . Non menos importante é unha agulla e fío grosos para facer o cosido final de maneira que non se nos escape todo .














Primeiramente limparemos e trocearemos en tiras os pementos e as cenouras e saltearémolas a fogo vivo para que collan cor pero que non abranden moito , se non temos os pistachos pelados este é o momento de facelo e de picalos e poremos a coer dous dos ovos que imos usar , con que cozan 5 minutos é suficiente , xa que se os deixamos cocer como faríamos normalmente a xema oscurecería co posterior asado .


Misturamos a carne piacada , cos pistachos , o ovo que nos quedaba e o pan raiado . Procedemos a introducir a farsa no polo , alternamos cos pementos e a s cenouras , e colocamos os ovos xa cocidos , tal e como vedes nas fotos . Non vos esquezades de rechear o interior dos muslos .

Só nos queda coser e asalo , nos usamos a típica agulla de lá , hai unhas agullas especias de hostelería pero estas serven perfectamente .

Asamos a 180 grados e un pouquiño máis de tempo que habitualmente , xa que se ten que facer ben polo interior .

Para cortar as racións é mellor facelo en frío , quedan mellor presentadas e se alguén as prefire quentes sempre podemos poñelas na tixola un momentiño .

A guanición que poñemos habitualmente son uns prebes , neste caso maionesa e prebe de cabrales e verduras asadas ou en ensalada , hoxe tocou pementos confitados .

Toca papar .


21/03/2010

HEMC , POSTRES CON TÉ

hemc 42 - postres con té
Este mes a anfitriona do Hemc é LaMambalina e propónnos que fagamos postres con té , nos estamos encantados , xa que é algo que nos gosta moito , xa sexa en infusión ou na sua vertiente reposteira , e parecenos xenial todo o que imos aprender con tantas receitas diferentes que se publicaran .

Nos como sempre apostamos por unha receita sinxela moi doadiña de facer e cun resultado do máis " diferente " , aproveitando que xa temos na casa o tan ansiado té Matcha . E pensar que o tiñamos ao lado da casa e que non o sabiamos ,isto é algo que nos fai rir con ganas todavía , as veces é así , cousas que cremos tan inalcanzables están máis preto de nos do que pensabamos .




Como vedes ten unha cor impactante e non vos dicimos nada do seu aroma : Espectacular .









A receita é ben sinxela , sacámola do libro " Todos los tés del mundo " de Oceano Ámbar , é unha leitura moi útil non só para coñecer as distintas variedades desta pranta , senón tamén preparacións , tradicións e distintos aspectos que nos amosan toda a sua complexidade .

A nosa sobremesa é un Flan " vegano " de té verde , no noso caso usamos a variedade xaponesa Matcha , que ten como peculiaridade que se consume feito pó .

Precisaremos para preparálo un litro de leite de arroz , 1/2 vaina de vainilla , 18 follas de xelatina ( sería 3 culleradas sopeiras de agar-agar , como non tiñamos poñemos entre aspas o de vegano ) , 1 cullerada de té verde e mel ao gosto .




Primeiramente poñemos en remollo as follas de xelatina , abrimos a vainilla lonxitudinalmente e lle quitamos o caviar ( as sementes ) raspando cun coitelo , engadímolas xunto coa casca ao leite e levámolo ao lume , deixamos que coza 10 minutos , engadimos o té e a xelatina , misturamos ben e vertemos no molde que teñamos preparado .




Deixamos arrefriar antes de introducir na neveira , onde deixaremos que calle .

Nos adornámolo cuns fíos de caramelo , pero iríalle moi ben unha cremiña de laranxas ou de limóns.

A quen non lle goste o leite de arroz pode usar outro tipo de leite vexetal ou animal , segundo o gosto de cada casa .

Bó proveito !!!

BISCOITO DE ACEITE DE OLIVA


Para nos é un dos biscoitos máis ricos que hai , ten unha textura moi esponxosa , un delicado aroma a froitas e está xenial para encher de calquera lambonada , léase embeber , rechear de confitura , de cremas ... Aguanta todo e non perde o seu própio sabor .

É un biscoito que nos usamos moito pero tiñamos un problema con el , nunca o fixemos na casa senón no noso anterior centro de traballo , aproveitabamos cando había que facélos para facer un para nos , así eramos os principais clientes do mesmo . Pero xa non estamos ahí para facelo e na casa non sae , supoñemos que é polo forno que non quece como un industrial , o caso é que tiramos moitísimos biscoitos facendo probas de distintas coceduras , dábamolo por perdido até que atopamos esta receita no blogue de Carlos Valencia , boísimo reposteiro onde os haxa , convidamosvos a pasar polo seu sitio se non o coñecedes . Grazas a el e a sua boísima receita recuperamos un doce que creíamos perdido na nosa cociña .

A receita é moi sinxela , o peso dos ovos daranos o peso dos demáis ingredentes , así que se temos 200 grs de ovos , poremos o mesmo de fariña , zucre e aceite de oliva vixen extra , unha pizquiña de impulsor e algún aroma , neste caso raidura de laranxa .

Poñemos o forno a quecer a 180 grados .

Primeiramente misturaremos os ovos coa fariña e o zucre , engadiremos o aceite e por último a fariña tamizada . Vertemos no molde e ao forno .

En 45 minutos terémolo listo .

Como vedes é moi sinxelo e o resultado é moi bó , por se vos animades engadimos a receita que a nos non nos sae , oxalá a algún de vos lle quede ben con esta :

Precisaríamos 4 ovos , 240 grs de fariña , 360 grs de zucre , 125 grs de leite , 125 grs de aceite de oliva virxen extra , raiduara dun limón e un sobre de fermento .

Misturamos todo a excepción da fariña que a deixamos para o final , e ao igual que no outro 45 minutos a 180 grados .

Para decorar puxémoslle unha cobertura feita con zume de laranxa e zucre glas .
Sorte!!!