28/06/2009

COA NOSA ADMIRACIÓN



Fai 10 días que o noso amigo Karlotti presentou o seu libro de poemas " Postales de humo " , un placer inmenso telo noas nosas mans , e sobre todo telo como amigo , desde aquí queremos renderte a nosa particular homenaxe reproducindo un texto que tanto nos evoca .

KASHBA


Series de días encalados
abarrotadas blancuras
ligeras panaderías de la luz
voces recién hechas
crujiendo entre los dientes .

Las esquinas,
panderetas de añil y dedos.
Puertas y ventanas
tallando las oquedades
hasta ser arbustos
del aire
donde anidan los instantes
tenaces crías
de la robusta eternidad


Escenario espléndido
para el estiercol bendito
mercado abierto del alma,
arco voltaico opulento


entre lo crudo y lo cocido.

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Non podemos engadir nada máis que Grazas por Ser e Estar .

Pizza Zapatero

Imos ser políticamente incorrectos ao adicarlle esta receita ao sufrido presidente do Estado . Pero é que eiquí aos Poéticos fíxolles moita graza o do cinturón de Zapatero ( que nolo temos que apretar ) , seguro que vos chegou ou vos chegará por correo esa animación tan instructiva e exemplarizante , e para que vexa que nos sí nolo apretamos decidimos que este prato levaría o seu nome a modo de homenaxe silenciosa .

Precisaremos 500 grs de fariña , 12 grs de fermento de forza , 3 culleradas de aceite , 1 pinga de sal , 1 pinga de zucre , 250 ml de auga morniña , 250 grs de queixo , 100 grs de xamón doce , 4 ou 5 tomates ( serve unha lata de tomate trituado ) , ourego , salvia e logo o que pillemos do día anterior ou do xantar , neste caso foron unhas xudías con tomate , ovo cocido e arroz branco .

Pero ven podían ser uns espaguetis con tomate , uns garabanzos , ese pedaciño de peixe que nos mira mal ... O caso é aforrar e chegar coas contas saneadas a fin de mes , que para iso saneamos todos os contribuíntes as arcas dos bancos , deses que nos miran como mirarían a un atracador cando imos pedir unha hipoteca .

Vaiamos ao asunto que quentamos teclado e non paramos ... , faremos a masa da pizza misturando a fariña , o fermento , o aceite , o sal , o zucre , a auga e o ourego e a salvia ao gosto . O entendidos dín que hai que deixar levedar a masa , nos facémola coa masa levedada ou sen levedar ( dependendo do tempo ) e está boa das duas formas , esta cantidade de masa darávos para 3 pizzas tamaño placa de forno extrafinas ou para duas con máis corpo .

Co forno a 200º intoducimos a masa ben estiradiña e cuberta de tomate para que se dore e se faga un pouco, se puxeramos todos os ingredentes coa masa crúa queimaríanse antes de que estivera cocida .

Cando vexamos que os bordos da pizza toman cor é o momento de sacála e de colocarlle o demáis , neste caso poremos as xudías en contacto coa masa , por enriba o queixo e logo o xamón doce a pedaciños , voltámola para o forno e a esperar que se funda o queixo .

No caso dos espagetis quedan moi ben por riba do queixo , pero iso como todo é questión de que vos animedes e provedes , demostrde como vos sabedes apretar o cinturón .


26/06/2009

XA ESTAMOS DE VOLTA


Por fin despois de pelexar con Y....com dos co*** conseguimos que aos Poéticos se nos permita estar na rede , preparádevos que chegamos con moitas ideas frescas para este fermoso verán que temos . Seguídenos de preto que imos como balas .

Deixámovos unha fotiño das nosas vacacións . Teruel existe aínda que non o vexades moito .

10/02/2009

RAB@S DE GRELOS


Quedáronnos por ahí o outro día uns tallos duns grelos , que pedimos que non se tiraran , hoxe é o día para usalos , despois deste " supertemporal " , coas despensas cheas por se chegaba o día do xuízo final .

Seguramente nestes super arcóns que non deben faltar en ningunha casa galega que se prece atoparemos unhas gulas esquecidas do nadal , se non correremos a mercalas , xa que son moi socorridas cando nos chega alguén co que non contabamos , e como non , para darnos unha homenaxe proletaria de vez en cando , imaxinando que son as de verdade .

Esta receita é do máis sinxelo , os tallos que non usamos , un par de paquetes de gulas ( pobres sí pero con fartura ) , uns dentes de allo , un pouco de guindilla e aceite de oliva .

Limpamos ben os tallos de fíos e os cortamos en anaquiños pequenos , namentres imos dourando os allos en láminas , cando esteñan ben dourados engadimos a guindilla e os tallos e os deixamos facer a fogo maino , cando xa se poñan tenros engadimos as gulas a que collan calor e sabor . Prato preparado.

Non me digades que non é doado e resultón , querdaredes de maravilla cos amigos e con aqueles que dubiden do voso ben facer culinario , isto digno do Chef Falsarius .

05/02/2009

GRITA GAZA





Karlotty préstanos , unha vez máis , este fermoso poema do que non temos palabras para describilo.




OYE, TÚ, HACEDOR DE MUROS...!!!

La palabra
Un tintero de silencio
Contra esta pared en blanco
Estampado estampido
Todo mi Gaza en un pozo
Lleno de rabia
Hasta el cuello
Y con los ojos mientras
Las cenizas nazco
Esmagar la luz
Destilar sus mondas
Pero tu comeras piedras
Con el alma desdentada:
Miserable Abundancia
Administrador del Miedo
Saqueador Del Llanto

FREIXÓS


Esta receita vai adicada a Carlos que sei que entrou no Blog buscándoa , está é a maneira de facelas a nai Poética , e a verdade e que ninguén se queixou nunca , ao contrario , faiselle o que sexa para que das suas mans saian máis .

Ante todo , para facelos , moito cariño , non serve poñerse nun día no que estemos cruzados , non sairían é unha masa moi delicada .

Precisaremos un kilo fariña , litro e meio de leite , un litro de auga no que cocimos canela , oito ovos , meio litro , ou un chisco máis , de anís do bó , dese que non se compra no súper , e touciño branco sen febra para engrasar a tixola .

Mezclaremos todo en frío e deixarémolo repousar na nevera dun día para outro , damos fé de que quedan mellor .

Logo xa é pericia para darlles a volta , controlar o lume para que non se queimen , rectificar a masa se o precisase ( isto no é ciencia e coas mesmas medidas a todos non nos sae a tortilla igual ) , engadirlle líquido ou fariña segundo esteña máis solta ou máis espesa . E sobor de todo paciencia , se os trescentos primeiros están incomibeis malo seá que os seguintes non saian ben .

Un consello : comezade cunha tixola pequena , abusade do touciño ( lados da tixola incluidos ) e axudádevos da punta redondeada do mango dunha culler ou dun garfo para non deixarvos os dedos no intento . E se aínda así non saen para algo está NAI!!!!!

31/01/2009

PASTELÓN DE GRELOS


Moitas veces o aburrimento na cociña ben dado porque non variamos os modos de facer as cousas , repetimos rutinas , sabores , texturas e ás veces cun pouquichiño de imaxinación e menos tempo do que pensamos saen pratos tan saborosos como o que imos poñer a continuación.

Ía ser un Pastelón de Xamón e Queixo e mirade en que se convertíu . Hai que dicer que a foto non lle fai xustiza.

Ante todo encendemos os forno para que vaia quentándose .

Precisaremos duas pracas de masa de hoxaldre , as conxeladas soen vir así , unha mada de grelos pero quen dí grelos dí espinafres , repolo , berenxena , esparragos ... , allos ,150 grs de queixo , uns poucos piñóns , un pouco de sementes de sésamo , un ovo batido e aceite de oliva .

Dos grelos usaremos a folla e a parte fina do tallo , o resto do tallo usarémolo para outra receita , non o tiredes !! Picamos a verdura e a salteamos na tixola con aceite e os allos laminados , deixaremola un pouco duriña .

Namentres se nos fai a verdura estenderemos unha praca de hoxaldre na bandexa do forno , no mesmo paquete da masa soe traer uns papeliños para que non se pegue a masa na bandexa , poñeremos o queixo por riba e a verdura cando esteña lista , na tixola e a fogo maino douraremos os piñóns e o sésamo e os engadimos aos grelos .

Tapamos coa outra praca procurando mollar os bordes da inferior con ovo batido , presionaremos cun garfo as duas para que non se escape o recheo e pincharemos suavemente a superior para que non infle moito durante a cocción .

Só nos resta pintar o pastelón co ovo que nos sobrou e introducilo no forno seguindo as instruccións do envase , soe ser 220º , e 20 min .

Xa contaredes .

30/01/2009

Góstanos Saramago


Pois iso , que nos gosta e moito ademáis . Este ano a Cociña poética tivo como agasallo A viagem do elefante , e Saramago desprega neste libro todas as suas dotes literárias .

Góstanos por que a sua posta en escena , dá as pinceladas suficientes para non aburrirnos con grandes descripcións o que permite que cada un de nos imaxine como serían eses coraceiros ou ese archiduque . Máis que unha novela parece un conto no que o elefante pode tornar a falar en calquera momento e o cornaca pode convertirse en xenio , ten ese regosto de oralidade dos bos relatos a carón do lume .

Se vos gosta Saramago non vos temos que dicir máis nada e senón lichedes até o de agora nada del éste é un bó comezo.

Boa leitura .

Outra vez por eiquí

Desculpas ante todo polo tempo que levamos sen actualizar isto , pero un forte virus gastrointestinal deixounos sen folgos durante unha tempa ; xa recuperados retomaremos o pulso da actualidade .

Agradecerlle moito a todas as persoas que se interesaron polo noso estado de saúde , e as que entraron na páxina buscando receitas das lambonadas próprias destas datas , decirvos que a todo chegaremos e que non nos demoraremos moito.

E sen máis comezamos .

30/12/2008

GARABANZOS EXPRESS


Non , non veu Paula Vázquez e Cuatro a pedirnos esta receita , todavía non somos tan famosos , pero a todo se chegará ...

Estes garabanzos son como os Cous Cous , acompañan calquer prato ,pero como prato único cun ovo tamén están de vício . Despois disto pensaredes nos garabanzos de bote como nalgo do xurásico , que sí , que sí , que nos salvan dun apuro pero isto é irresistibel ...

Precisaremos garbanzos postos a remollo o día anterior , un par de tomates , unha cebola do país , un pemento vermello , uns allos e especias ao gosto de cada quen ( cominos , pementón , Ras el hanout , ourego ...) .
Imos usar a ola express , senón temos será máis lento pero non menos rico .hai unhas mallas para cocer os garabazos pero non é algo imprescindibel .

Coa ola aberta douramos os allos e a cebola cortada en cuartos , engadimos o pemento e os tomates entieros , ben limpiños iso sí , os garabanzos e auga cubríndoos , pechamos a ola e 20 minutos a partir de que saia o vapor .

Apartamos os tomates e o pemento xunto cuns garabanzos ( meia ducia chega ) e pasamolo todo por un pasapures , nunha tixola grande poñemos un pouco da auga de cocción ( o suficiente para facer un preve ) , coas especias que elixamos e a salsiña dos tomates , cando ferva engadímoslle os garabanzos e deixamos que coza todo xunto un par de minutiños .

Listo para meterlle a culler ou o que se tercie . Benvidos os legumes a nosa vida .

BISCOITO DE CHOCOLATE E CAFÉ


Non vos parece unha combinación incríbel , a mellor receita contra a asténia primaveral , outonal ou mal de amores ; chámalle x . Café e chocolate son unha das parellas máis sólidas do mundo gastronómico , e iso que xa levan anos coñecéndose .

Esta sobremesa non é apta para controladores de calorías , ni para aqueles que pensen en comezar unha dieta , despois de robala xa non poderan . Se ao rico que sabe sumámoslle o rápido que se fai , pois iso , que se xunta a fame coas ganas de comer .

Precisaremos 150 grs de chocolate negro cun 70% de cacao , 1 cl de café ben cargadiño ,1 sobre de café soluble , 125 grs de mateiga , 4 ovos , 80 grs de zucre , 75 grs de fariña e 1 sobre de fermento .

Ao baño María derretiremos o chocolate , xunto co café cargadiño , o café soluble e a manteiga , teranos que quedar unha crema lixeira .

Por outra banda mezclaremos os ovos ben batidiños co zucre , a fariña e o fermento , cando ligue todo engadimoslle a crema de chocolate e café , remexemos ben e ao molde .

160 º e 30 minutos de cocción , non me digades que non é sinxelo .

Queda espectacular , moi esponxoso e non vexades que sabor . Animádevos e xa nos contaredes .

28/12/2008

COUS COUS SINXELO


Receitas coas que acompañar a uns Cous Cous hai moitas , e como o arroz pódeselle botar de todo , na Cociña Poética usamos moito este acompañamento , é faciliño de facer , rápido e amaña unha comida moi doadamente .
O importante é que aprendades a cociñar os Cous Cous , que lle collades o ponto para que non vos queden apelmazados.

No paquete diravos que tedes que mezclar igual cantidade de auga fervendo que de Cous Cous , como indicación para comezar non está mal , pero quedan moitísimo mellor se engadimos case medida e meia de auga por medida de sémola , nesa agua engadiremos unha noz de manteiga ou unha culleradiña de aceite de oliva para que queden máis soltos , as especias que acompañen tamén se incluirán coa sémola .

Entón por unha banda temos a auga a ferver na pota , e por outra os Cous Cous nuha cunca ampla , co que lle queramos engadir de especias polo outro , neste caso " Ras el hanout " que significa literalmente o mellor da tenda , e unha mezcla de especias , podémola atopar en Alcampo , se non nos queremos arriscar servirá pementón . Cando a auga rompa a ferver vertémola por enriba dos Cous Cous removemos ben cun garfo para que empape todo e tapamos a cunca cun prato , deixamolos repousar uns 10 minutos .

Na mentres pocharemos unha cebola cuns dentes de allo , cando esteña pochada engadirémoslle un pouco de pemento verde e vermello ben picadiño e finalmente un par de tomates raiados para que ligue como un preve , se non temos tomates frescos serve o tomate triturado de lata ou un pouquichiño de auga e deixamos que se consuma un pouco , das tres maneiras queda un preve estupendo .

Así de sinxelo serviranos para acompañar multitude de pratos , peixes , carnes , legumes só hai que deixar voar a imaxinación , e diso sobranos , non ?

ELES TAMÉN SON PEQUENOS


Con este libro , e outros da mesma colección , os Nosos Poetiños alucinan , prodúcenlles moita tenrura ver aos pais e as nais cos seus bebés . Non son conscientes de que poden ser pequeniños e indefensos como eles .

Para a Nosa Poetiña a nai de Mollie , a gata que adoptamos , é Albertina e o seu pai Leo , que son a parella que nola deu ; con esta colección están aprendendo que as mascotiñas que temos na casa teñen outros pais .

Este libro adicámolo a todos eses pequeniños que teñen bichiños ao seu coidado , para que aprendan que os teñen que coidar como os seus pais , aínda que iso signifique que o queran meter no carriño das bonecas ...

25/12/2008

COMPOTA CON FUNDAMENTO


Con tanto turrón , tanto Panetone , trufas de non sei qué esquecémonos das sobremesas caseiras que abaratan o noso presuposto e que o noso corpo agradece máis .

Esta compota é moi fácil e resultona , e nela combinaremos todas as froitas que tan ricas están nesta tempada.

Precisaremos tres mazás , tres peras , un mango ( opcional ) , un puñadiño de pasas de corinto , outro de orellóns , unhas cirolas pasas , unha granada , uns anises estrelados , uns cardamomos , a tona dunha laranxa e dun limón , unha ramiña de canela , unha baga de vainilla e unha medida de auga por media de zucre .

Coa auga e o zucre facemos un almíbar craro , nese almíbar coceremos todas as especias e as tonas dos cítricos , cando xa esteña feito engadímoslle a froita fresca troceada en pedazos grandes ( a granada deixámola para o final que nos servirá de presaentación ) e as secas enteiras , o conxuto ten que cocer máis menos uns 20 minutos a lume meio , sen que chegue a ferver , se se nos consume moito o almíbar podemos engadirlle un pouco de auga ,pincharemos a froita cun garfo para mirar o ponto de cocción , iso vai ao gosto de cada quen . Os pedazos teñen que quedar cocidos pero enteiros .

Só nos resta presentala nun prato ou copa ancha , botarlle uns graíños de granada por enriba e disfrutar dela.

Bó Nadal .

24/12/2008

PARA OS QUE CHEGARON DE FÓRA


O pai de Migueliño chegaba das américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe de festeiro . Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai ; pero denantes de saír de casa botóulle unha ollada ao retrato .

Os americanos xa estaban desenbarcando ... e os seus ollos esculcaban nas greas , en procura do pai ensoñado.


(...)

Agora sí , agora sí que o era . Migueliño avistóu outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai...Ai , o americano pasou de largo e nin tan siquiera reparóu que o seguían os ollos angurentos dun neno .

(...)

... fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai . Era un home que non se parecía ao retrato ; un home moi flaco , metido nun traxe moi floxo ; un home de cera coas orella fora do cacho , cos ollos encoveirados , tusindo ...

Aquel sí que era o pai de Migueliño .

E para todos os que esqueceron que nalgún momento da nosa história nós tamén marchamos fóra .

Castelao , " Cousas " , Editorial Galaxia .

COUVE-FLOR CON BACALLAO


Os recordos destas datas van asociados a este prato , co que se asentaba o estomago despois do atracón de mariscos vários , en família de pescadores xa se sabe productos do mar .

É unha receita ben sinxela e non moi cara , comparando prezos en distintos sítios podemos adecuarnos a o noso presuposto .


Precisaremos unha couve-flor , bacallau (desalgado de 24 a 48 h ) , 300 grs de patacas , allos e aceite .

Limpiaremos ben a verdura , pelaremos as patacas e as coratermos en dados , máis ou menos do tamaño das frores da verdura , para que se nos caza todo por un igual , poñémolas a cocer coa couve-flor .

Cando vexamos que están case feitas engadiremos o bacallau en pedaciños , apagaremos o lume , taparemos a pota e coa calor que ten farase o bacallao .

Á hora de servir escurriremos ben a auga da pota e lle botaremos por enriba un poco do aceite no que friximos os allos , e a quen lle goste pode engadirlle os allos .

Parabens para todos nestas datas !!!

21/12/2008

PARA TODAS ELAS

VERBAS A MIÑA NAI

Digoche agora, nai, istas razós

porque quero voltarche

aquelas verbas doces como a mel

que deprendín dos teus beizos

cando neno.

¡Non teño, nai, a túa tenrura!

Eu, que ando empeñado

en ser poeta,

non teño verbas

doces,

sinxelas,

craras,

amorosas

como as verbas

con que tí me arrolache,

miña nai.

Cecáis sexa loucura

iste tentar apreixar verbas amantes

pra che facer co filas un cantar.

Cecáis

a vida probe que vivín

me secóu a fonte da tenrura

e por iso istas verbas

son secas como seixos.

Xa ves:

Non teño verbas

pero teño

un salouco que me enche todo o peito.


Manuel María ; "Mar Maior " 1963


MOLA QUE CHOVA

Na Cociña Poética están os Poetiños e a eles imos adicarlles esta sección , nela comentaremos os contiños que máis graza fixeron ( tanto aos fillos como aos pais ) . Así que esperamos que axude a hora de pensar nos agasallos das pequenas personillas que temos ó redor .


Este libro " Mola que chova " seguíu os pasos da nosa poetiña durante moito tempo , xa non pola historia senón polos contos que argallaba ela coas ilustracións cheas de colorido .

A história é moi bonita , a Rufo o gato de Sabela non lle gosta a chúvia e ela demostralle que os días chuviosos son tan divertidos como os demáis .

20/12/2008

SOPA DE MARISCO


Nestas datas suponse que hai que facer cousas destas , como se cos conxelados non nos puideramos permitir estes pratos ao longo do ano . Ben para puristas e cun bó peto todos os ingredentes deben de ser frescos , para os mileurista como os de Cociña Poética tiraremos de conxelado .

Permitídenos que antes de nada adiquemos este prato ao " Number One" da Cociña Galega Marcelo Tejedor , xa que un prato seu foi elixido entre os 10 mellores do ano pola publicación " Vinos y Gastronomía " , o prato en cuestión é a Pescada con Salsa de Pementos Verdes .

Mestre aínda sen o Prémio caemos rendidos aos seus pés polo seu bó facer .

Despois deste pequeno preámbulo comezamos , para iso precisamos un peixe de roca tipo San Martiño , langostinos , camaróns , mexilóns , ameixas ( todo isto a ollo de 5 a 7 pezas de cada por persoa) , un calamar , un pemento verde , dúas cebolas do país , 4 ou 5 tomates maduriños , uns dentes de allo , un porro , unha cenoura , uns graíños de pementa , perixel , un viño branco ( xa sabedes que que de cartón...) e aceite de oliva .

Comezaremos por facer o caldo de peixe para a sopa ( fumet entre os expertos ) para iso precisaremos a pel e as espiñas do peixe que usemos ( os lomos cortarémolos en anaquiños para engadirllos á sopa ) , nada de vísceras que o enturbiarían ; o porro , a cebola a cenoura e o perixel , todo ben picadiño . Cando o conxunto rompa a ferver contaremos 20 minutos e xa estará listo , iso sí hai que ir desespumando aos poucos para quitarlle as impurezas que se formen .

Quitámoslles as cabezas e as peles aos langostinos e aos camaróns para que nos queden as colas limpas , miraremos de que a tripa tamén o esteña , e senón coa axuda dun coitelo ben afiladiño facemos un corte no lombo e a sacamos . Cunha pinga de aceite saltearemos as cabezas e as peles nunha tixola a lume forte , cando collan color engadiremos o chorriño de viño branco e deixaremos que coza , sen baixarlle ao lume , para que se evapore o alcool , seguidamente botarémoslle un pouco de fumet e que reduza ( é dicer , que se consuma un pouco o líquido ) coa axuda dunha batidora ou vaso americano desfarémolo todo e reservaremos .

Abriremos ao vapor os mexilóns e as ameixas , tendo ben conta de desbotar aqueles que non abran , os xugos que nos queden na pota os reservamos .

Por outra banda faremos un sofrito coa cebola que nos resta por usar , o pemento verde , os allos e os tomates , todo ben picadiño . O sofrito podémolo pasar polo pasapurés ou deixalo así . Cando esteña listo engadirémoslle o fumet sobrante , ben limpiño de impurezas , os graíños de pementa , o mollo resultante das cabezas e das peles pasado por un coador e os xugos dos mexilóns e as ameixas , tamén coado . Deixaremos o conxunto cocendo un 10 minutos .

Restanos por usar o calamar , que ben limpiño ( por dentro e por fóra coma se fose un calcetín ) o marcaremos ( que colla cor ) nunha tixola a lume forte cunha pinguiña de aceite .

Só nos queda rematar , co caldo fervendo engadiremos o peixe , os camaróns e os langostinos , as ameixas e os mexilóns sen as cunchas e o calamar . Co lume apagado rematará de facerse todo .

Teredes paciencia para seguir todos os pasos ? É máis doadiño do que parece animádevos .

17/12/2008

A INSATISFACCIÓN

" Siempre hay quien quisiera ser distinto , nadie está conforme con lo que le tocó , el de edad quisiera ser un niño y el rapaz se raspa sus pelusas en flor ..."

Ésta é unha canción que últimamente escoitamos moito na Cociña Poética é canta verdade hai en todo o que dí , nunca estamos satisfeitos co que temos , xa sexa material ou inmaterial , a sociedade actual chegou a tal ponto de paranoia que só vales o que tes , mellor dito o que aparentes ter , e o aceitar esta paranoia lévanos a un grao de insatisfacción enorme e o descontento acentuase .

A volta ao simple , á sinceridade nas relacións conleva ás veces moitos desenganos pero tamén unha satisfacción , e agora tocaríalle con maíusculas , cuantitativamente maior .

Na Cociña Poética pensamos que se un está satisfeito consigo mesmo rematará por facer participes dela a quenes o rodean . Vivamos como se cada minuto fose o derradeiro das nosas vidas , sendo conscientes plenamente dos nosos actos e das consecuencias que deriban deles , sexamos NOS e non deixemos que nos fagan " eles " .

Se pinchades no texto da letra da canción escoitarédela completa , para os que non a coñezades , ou non coñezades a Silvio Rodríguez cremos que pode ser un bó comezo para " unha bonita amizade " , para os que a coñezades non hai nada que dicir máis que disfrutadea .