Xa comeza o frío e a chuvia e apetece estar ben quentiño na casa .É un bó momento para facer un caldiño , poderémolo comer ou cear , pero tamén a tardiña sentará moi ben bebermos un pouco do caldiño "limpo" namentres a chuvia golpea os cristais das xanelas.
Só de pensalo xa xurde o pulo de facelo.
Precisaremos :
200 grs de fabas postas a remollo do día anterior , unha mada de grelos , de berzas ou un pequeno repolo (para gustos...) , case un quilo de patacas e carne salgada (posta en auga desde o día anterior) que pode ser : orella , fuciño , costela , entrecosto , rabo... e como non un pedaciño de unto que é quen dá o sabor característico a este prato. Aquí cabería engadirlle chourizo , pero os que facemos este blog consideramos que mata o sabor da verdura que poñamos.
A ola a presión ou a ola rápida van ser as nosas aliadas para para facer esta receita , xa que conseguiremos uns óptimos resultados nun tempo relativamente pequeno.
Primeiramente coceremos a carne e mailo unto na ola a presión uns 25 minutos desde que comece a sair o vapor, pasado este tempo esperaremos un pouco a que baixe a presión do vapor ( xa fóra do lume) , abriremos a ola e retiraremos a carne . Na mesma auga de cocción poremos as fabas e coa ola pechada deixaremos que cozan 10 minutos , teñen que quedar feitas pero un pouco triscantes xa que seguiran cocendo co resto dos ingredentes que temos que engadir.
Namentres cociñabamos o anterior iremos preparando as patacas que as cortaremos un pouco máis grosas que para a tortilla de pataca .
Realmente as patacas non se cortan senon que se triscan , isto é que antes de que rematemos de cortar esgazaremos o trozo na vez de cortalo limpamente , así conseguiremos que nos quede un caldiño ben ligado.Só de pensalo xa xurde o pulo de facelo.
Precisaremos :
200 grs de fabas postas a remollo do día anterior , unha mada de grelos , de berzas ou un pequeno repolo (para gustos...) , case un quilo de patacas e carne salgada (posta en auga desde o día anterior) que pode ser : orella , fuciño , costela , entrecosto , rabo... e como non un pedaciño de unto que é quen dá o sabor característico a este prato. Aquí cabería engadirlle chourizo , pero os que facemos este blog consideramos que mata o sabor da verdura que poñamos.
A ola a presión ou a ola rápida van ser as nosas aliadas para para facer esta receita , xa que conseguiremos uns óptimos resultados nun tempo relativamente pequeno.
Primeiramente coceremos a carne e mailo unto na ola a presión uns 25 minutos desde que comece a sair o vapor, pasado este tempo esperaremos un pouco a que baixe a presión do vapor ( xa fóra do lume) , abriremos a ola e retiraremos a carne . Na mesma auga de cocción poremos as fabas e coa ola pechada deixaremos que cozan 10 minutos , teñen que quedar feitas pero un pouco triscantes xa que seguiran cocendo co resto dos ingredentes que temos que engadir.
Namentres cociñabamos o anterior iremos preparando as patacas que as cortaremos un pouco máis grosas que para a tortilla de pataca .
Xa coa ola aberta e deixando as fabas na auga de cocción engadímoslles a patacas , e cando estas comezen a blanquear botamos a verdura que máis nos gorente ben limpa e cortadiña , e en poucos minutos teremos o caldiño feito.
A disfrutar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Unha pizca de sal