..."¿Tén Galiza un idioma proprio?¿Tén territorio diferente?¿Tén unha vida económica peculiar?¿Tén hábitos psicolóxicos reflexados n-unha cultura autóctona?Pois logo Galiza é unha nacionalidade, e , pol-o tanto,ningún antifeixista pode negarlle o dereito de autodetermiñación;é decir,o dereito a gobernar a súa vida..."
"...Galiza,como grupo étnico,ten dereito a digñificar a língoa que o seu proprio xenio creou,porque é unha língoa capaz de ser vehículo da cultura universal,porque lle sirve para comunicarse cos pobos de fala portuguesa,porque non ten outra mellor para espresar os seus sentimentoos e porque perdéndoa xa no lle quedaría ningunha razón de esistir..."
Castelao;"Sempre en Galiza";Obra Completa,2 Akal Editor ,Arealonga,1994 Cuarta Edición.
29/11/2008
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Saude miña amiga, meus amigos, que simpatica paxina, una fenestra comestible que fala das virtudes da xenerosidade.
ResponderExcluirsayde.apertas e bikos
e vernos xa
karlotti
e este poemiña de un poeta enorme
SÓS
Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós
Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco
Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa d' o horizonte
Este oucéano destracou d' as costas
e os ventos d' a Roseta
ouretáronse ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d' o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura
N' o cuadrante estantío d' as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d' o Mar
fixo d' o barco un cadaleito
Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco
nós.
Grazas Karlotti,como sabías?É o meu poema de Manuel Antonio,un dos Manueles polo que leva ese nome o noso fillo.
ResponderExcluirSerá o próximo en ser publicado.
Bicos e mil grazas con mil sorrisos para ti procurador de soños.