10/08/2009

FONDO DE ARMARIO


O bó sería vivir no mercado ou no súper pero como xa sabemos que iso non pode ser decidimos facer unha pequena lista do que nos cremos que se debe ter na despensa , por se xurde algún desaprensivo amigo que se autoinvite a merendarcearcomer sen ternos avisado , bos amigos deses todos temos algún .

Primeiramente non deberían faltar allos e cebolas , que son de doada conservación , na neveira sería bó que tiveramos pemento verde e vermello , cenouras e tomates , todos eles aguantan tempo sen porse malos . Manteiga é algo que tampouco debería faltar , e ovos fóra ou dentro .

O perixel e outras prantas aromáticas que usemos podémolas ter picadas e conxeladas así non se nos botaran a perder se non lles damos saída .

Podemos ter queixo e demáis friame xa cortado e envasado para un apuro , a maiores do que merquemos ao corte habitualmente .

Xa nos secos non debemos esquecérnos da pasta , o arroz , a fariña , o zucre , legumes ; un paquete enteiro na nosa despensa salvarános dalgún apuro .

Procuraremos ter tamén aceite , algo tan usado e de repente xa non queda .

Dentro das conservas unhas latas de atún , uns mexilóns , unhas anchoas , luras na sua tinta , menestra de verduras ( podemola ter conxelada ) , uns pamentos do piquillo , olivas e espárragos ; con isto xa podemos amañar algo rápido .

Un par de tacos de leite se non o usamos moito aguantaran tempo sen estropearse .

Isto vaivos parecer unha parvada pero uns froito secos dan moito e sí : para aledar unha salada , para os postres que o precisen pero tamén para agasallar co café : un pratiño cuns cantos e noutro unhas onciñas de chocolate non nos digades que non fan unha merenda xeitosa , algo que teñamos de froita do tempo xa cortadiña e lista , a iso non lle dí non ninguén .

Poderiamos dicir algunha cousa máis pero con isto xa estamos blindados ante calquerira ataque ...

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal