Para nos é un dos biscoitos máis ricos que hai , ten unha textura moi esponxosa , un delicado aroma a froitas e está xenial para encher de calquera lambonada , léase embeber , rechear de confitura , de cremas ... Aguanta todo e non perde o seu própio sabor .
É un biscoito que nos usamos moito pero tiñamos un problema con el , nunca o fixemos na casa senón no noso anterior centro de traballo , aproveitabamos cando había que facélos para facer un para nos , así eramos os principais clientes do mesmo . Pero xa non estamos ahí para facelo e na casa non sae , supoñemos que é polo forno que non quece como un industrial , o caso é que tiramos moitísimos biscoitos facendo probas de distintas coceduras , dábamolo por perdido até que atopamos esta receita no blogue de Carlos Valencia , boísimo reposteiro onde os haxa , convidamosvos a pasar polo seu sitio se non o coñecedes . Grazas a el e a sua boísima receita recuperamos un doce que creíamos perdido na nosa cociña .
A receita é moi sinxela , o peso dos ovos daranos o peso dos demáis ingredentes , así que se temos 200 grs de ovos , poremos o mesmo de fariña , zucre e aceite de oliva vixen extra , unha pizquiña de impulsor e algún aroma , neste caso raidura de laranxa .
Poñemos o forno a quecer a 180 grados .
Primeiramente misturaremos os ovos coa fariña e o zucre , engadiremos o aceite e por último a fariña tamizada . Vertemos no molde e ao forno .
En 45 minutos terémolo listo .
Como vedes é moi sinxelo e o resultado é moi bó , por se vos animades engadimos a receita que a nos non nos sae , oxalá a algún de vos lle quede ben con esta :
Precisaríamos 4 ovos , 240 grs de fariña , 360 grs de zucre , 125 grs de leite , 125 grs de aceite de oliva virxen extra , raiduara dun limón e un sobre de fermento .
Misturamos todo a excepción da fariña que a deixamos para o final , e ao igual que no outro 45 minutos a 180 grados .
Para decorar puxémoslle unha cobertura feita con zume de laranxa e zucre glas .
Sorte!!!
¡Qué rico! Dende logo eu son mais amiga do aceite que da manteiga. A cobertura recordoume o "Gatón", non sei si o coñecedes, fai tempo que non vexo ningún por ahí, na casa da miña avoa sempre había polas festas.
ResponderExcluirUn biquiño e ata a volta.
Grazas Marisa , que parvos !!! non comentamos a cobertura XD .
ResponderExcluirPor certo que é o Gatón ? Telo no blogue ? se non é así queremos coñecer a receita .
Biquiños para ti .
Que biscoito tan rico e esponxado, eu tamén prefiro os biscoitos con aceite en lugar de manteiga.
ResponderExcluirBicos
Rico, rico!!! el corte impresionante.
ResponderExcluirUn besiño.
Moitas grazas rapazas .
ResponderExcluirTi es das nosas Rakelilla , recoñecemos que os de manteiga son moi bos se tes a paciencia suficiente para deixalos repousar días , a manteiga asentase e están moito mellor , pero nos nunca conseguimos esperar XD .
Grazas Kanela , non lle puxemos máis adorno porque xa dí o necesário : Cómeme ! XD
Biquiños para as duas .