Cantas veces vos ten pasado que abrides a despensa e pensades que imos facer hoxe para comer ? Non precisades ir ao mercado xa que o pan está recén feito na cociña , tedes un pouco de leituga de onte coa que facer unha xeitosa ensalada , así que neste caso que nos deparará a despensa ou a neveira .
Buceando un pouco atopamos un envase de Gulas no conxelador , quedában uns restos de bacon , cogumelos sempre temos por casa xunto coas cebolas e os allos... Xa tiñamos a comida preparadas .
Para preparar estes spaguettis apañados precisaremos pasta , gulas , bacon , uns cogumelos , 1 cebola , 2 dentes de allos e aceite de oliva virxen extra .
Poñemos a cocer a pasta nunha pota de amplia con auga fervendo , para nos o truco para que non se nos pegue a pasta e remover ben cando está comezando a cocer , sen chorriño de aceite nen nada , se temos vitrocerámica podemos apagar o lume no momento en que comeze a ferver a auga de novo , a calor residual da cociña fara que se nos fagan perfectamente .
Preparamos os cogomelos ao noso gosto , neste caso en rodeliñas pequenas para que se cociñaran ao mesmo tempo que o bacon , picamos a cebola e os allos .
Primeiramente sofritimos a cebola e mailos allos nunha tixola ampla , cando os teñamos listos reservámolos a parte , no mesmo aceite salteamos o bacon e os cogumelos até que collan colorciño e esteñan triscantes , xuntamos co sofrito anterior .
Por último facemos as gulas seguindo as instruccións do envase e misturamos todo coa pasta
Bon apetit .

Pois para ser co que había pola casa saiu un espagueto ben xeitoso, para facelos adrede tamén sirve.
ResponderExcluirCo que me quedei abraiada é co do polo. Agora teño que tentalo e a saber o que sae daí.
Biquiños
Hehehe de feito repetimos , para a semán ceamos na casa cuns amigos e serán o prato principal .
ResponderExcluirE co polo seguro que te sae algo moi bó e rico , cando decidimos por primeira vez desosalo nos , suamos tinta china , mais cando nos puxemos mans a obra foi máis doado do que pensabamos , hai que buscarlle o xogo as articulacións para desmembralas e ir moi aos poucos para non pinchar a pel . Coietlo pequeno e ben afiado .
Xa contarás .
Bicos ventosos
Para que ser co que topaches, quedáronte ben bos!!!
ResponderExcluirUn biquiño.
XD pois a verdade é que sí , non contabamos coas gulas , ían ir sen elas pero collendo no conxelador unha tona de limón para engadirlla a un arroz con leite vímolas escondidas e lles dixemos : compañeiras errachedes a camuflaxe , hehehe para a tixola .XD
ResponderExcluirAs mellores cousas saen nestes momentos de inspiración tan inspirados .
Biquiños para ti tamén